• Inicio


Outros artigos
Os máis febles
Consumo de enerxía per capita
O Norte e mais o Sur: un mundo dividido
América
África
Oceanía e a Antártida
O mundo dividido en zonas
Produto Nacional Bruto
    Seguinte Última
Lo prometido es deuda Objetivo 2015 Mujeres Protagonistas del Desarrollo Africa Navegando entre culturas Comercio Justo

Aldea Global

Os máis febles

Máis da metade dos alimentos cultivados no mundo son producidos por mulleres. En África arredor do 75% das tarefas agrícolas realízanas mulleres. Elas traballan máis ca os homes e nas tarefas máis duras, alén de coidar da familia e da casa.

A pesar diso as mulleres tiveron que manter ao longo do tempo unha dura loita para que se recoñezan os seus dereitos. Nos países máis desenvolvidos avanzouse moito nos últimos anos, pero a situación é peor nos países do Sur.

As crenzas relixiosas e as tradicións son os argumentos que se usan moitas veces para marxinar ao sexo feminino no traballo, a atención médica, a escola ou a toma de decisións.

Cada vez son máis as mulleres que teñen un traballo remunerado no mundo. Ter uns ingresos propios evita a dependencia dos homes (maridos, pais ou irmáns) no aspecto económico, e permite que se avance no camiño da igualdade entre os sexos.

Pero, a pesar destes progresos, a situación está aínda lonxe de ser xusta. O traballo da muller non é recoñecido de igual maneira que o do home: os salarios son máis baixos e son poucas as mulleres que conseguen postos directivos nas empresas e na administración pública.

No mapa aparecen as mulleres executivas e xerentes que hai en cada país por cada cen homes con eses cargos. En todo o mundo hai unha media de 18 mulleres directivas por cada 100 directivos. Nos países industrializados son 44 e nos países do Sur só 12.

Os nenos e nenas traballadores sofren o abuso de quen os contratan ou os obrigan a traballar (que nalgunhas ocasións son os seus propios pais).

Traballan por necesidade para poder gañar un soldo miserento co que sobrevivir ou axudar á familia. En ocasións fano para pagar unha débeda que contraíron os pais ou porque non poden ou non queren ir á escola. Os empresarios sen escrúpulos prefírenos como traballadores porque son hábiles, cobran pouco e non protestan polas malas condicións de traballo.

Non obstante, os nenos traballadores malgastan a súa infancia, descoidan a súa educación, perden o seu tempo de ocio e deterioran a súa saúde, perdendo así a posibilidad de ser uns adultos sans e formados capaces de saír da situación de pobreza na que se atopan.

A OIT (Organización Mundial do Traballo) cre que hai 200 millóns de nenos menores de 15 anos traballando no mundo. Pero poderían ser máis, xa que os empresarios e as familias ocultan o traballo infantil, que está prohibido practicamente en todos os países do mundo. As cifras que aparecen no gráfico son as da porcentaxe de nenos e nenas que traballan nalgúns países do mundo. Pódese observar que as cifras máis altas se dan en los países do Sur (África e Asia principalmente), pero tamén en países desenvolvidos hai trabajo infantil

Fonte: FUNCOE e UNICEF, "Querido Mundo", Madrid 1998.

Voltar Arriba
Imprimir este Artigo
Enviar a un Amigo
Jóvenes del Tercer Mundo - C.I.F: G-82641408 - Avd. Antibióticos, 126 - 24009 León -
Urbe Networks