.
  • Inicio


Lo prometido es deuda Objetivo 2015 Mujeres Protagonistas del Desarrollo Africa Navegando entre culturas Comercio Justo

Con fondo

BASES

Plantexamento Xeral.

Jóvenes y Desarrollo (JyD), antes Jóvenes del Tercer Mundo (JTM) en colaboración con outras entidades, lanzaron a campaña "Abre a xanela ao Mundo", un proxecto de sensibilización e educación para a solidariedade e a tolerancia, dirixido a todos os Centros educativos de ensino non-universitario e a Centros de educación e animación desde o tempo libre do territorio español.

No marco deste proxecto atópase o concurso "Con fondo" que pretende fomentar a sensibilidade cara a problemática dos países do Sur ou empobrecidos, e ante valores universais como a solidariedade, o altruísmo, a tolerancia, o voluntariado, etc., desde a reflexión e a expresión escrita.

PARTICIPACIÓN NO CONCURSO "CON FONDO"

A participación neste concurso está reservada exclusivamente ós alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato e Ciclos de Centros educativos e ós adolescentes e mozos que participen en actividades educativas en Centros de tempo libre do territorio nacional español. A idade dos participantes debe oscilar entre 12 e 18 anos, inclusive.

Para concursar é necesario que o usuario se rexistre no momento no que vaia enviar a súa presentación en PowerPoint, introducindo todos os datos da ficha de inscrición.

Cada persoa poderá inscribirse unha soa vez. A falsidade nalgúns dos datos pode supoñer a expulsión do concurso. En caso de gañar un dos premios, poderase requirir un certificado de que o concursante está estudando ou participando nas actividades do Centro sinalado na ficha.

O usuario poderá acceder ó concurso na páxina web www.ventanalmundo.com.

Dinámica do concurso

Os participantes deberán elaborar unha presentación en PowerPoint en base a un texto non moi extenso, cunha mensaxe de solidariedade centrado nos conceptos de Comercio Xusto e Consumo Responsable como ferramentas que contribúen a eliminar as desigualdades entre os países.

Deberase presentar en formato PowerPoint e o arquivo non debe ocupar máis de 1 MB.

Cada participante poderá presentar un único traballo, que deberá ser inédito, orixinal e non premiado noutros concursos no que se refire ó deseño gráfico.

As presentacións faranse chegar por correo electrónico antes do 30 de maio de 2010, completando a ficha de inscrición no momento do envío.

Os textos poderanse presentar en calquera lingua. No caso de non presentalas en castelán, será preciso adxuntar unha tradución nesta lingua.

Un xurado se reunirá para valorar os contos presentados e establecer os gañadores nunha única categoría:

O xurado terá en conta os seguintes criterios:

  • O deseño gráfico: calidade e creatividade
  • O contido en valores do texto e das imaxes

Premios

Haberá 1º, 2º e 3º posto, que recibirán interesantes premios. Ademais, a súas presentacións se publicarán na páxina web. Os premios non son canxeables en metálico.

Só poderán recibir premios os participantes que estean residindo ó longo de todo o curso escolar en territorio español.

Condicións adicionais

Jóvenes y Desarrollo resérvase o dereito a modificar en calquera momento as condicións do presente concurso, incluso a súa posible anulación antes do prazo prefixado, sempre que concorra causa xusta, comprometéndose a comunicar as novas bases, condicións do concurso ou a anulación definitiva, no seu caso, coa suficiente antelación e publicidade.

Participar no proxecto "Abre a túa xanela ó Mundo" e no concurso "Con fondo" coa axuda a aceptación de todas e cada unha das condicións sinaladas.

Jóvenes y Desarrollo resérvase o dereito de utilizar os nomes dos participantes e dos traballos presentados en todo o relativo ó desenrolo do proxecto "Abre a xanela ó Mundo" e o concurso "Con fondo".

Jóvenes y Desarrollo non se responsabiliza dos posibles problemas alleos ó seu servidor en relación co funcionamento da Rede de Internet.

Os datos persoais que nos faciliten os participantes están protexidos pola L.O.P.D. de 1999 e son solicitados coa finalidade de facerlle partícipe no proxecto "Abre a xanela ó Mundo" sendo todos eles necesarios. Mediante o envío do formulario de inscrición, o usuario presta o seu consentimento inequívoco para que ditos datos poidan ser utilizados para fins xerais de sensibilización e promoción do voluntariado da ONGD Jóvenes y Desarrollo e ser tratados automaticamente polos responsables dos ficheiros ante os cales poderá exercer os seus dereitos de oposición, acceso, rectificación ou cancelación dos seus datos dirixíndose por carta a Jóvenes y Desarrollo , Avenida Antibióticos, 126 – 24009, León .

León, 31 de xullo de 2009
30 de maio de 2010

Jóvenes del Tercer Mundo - C.I.F: G-82641408 - Avd. Antibióticos, 126 - 24009 León -
Urbe Networks