
(1869-1948)
“Non hai camiño para a paz. A paz é o camiño”
Este orixinal personaxe naceu en Bombai (India), daquela colonia inglesa. Como a súa familia era rica puido ir a Londres a estudar dereito. Despois viviu uns anos en Sudáfrica, defendendo os moitos indios que alí vivían.
De regreso ao seu país loitou por defender os dereitos dos indios, opoñéndose á dominación inglesa. Actuaba como líder de protestas populares nunca violentas: boicots, folgas de fame, non aceptación de ningún cargo civil nin militar, non participación nos préstamos ingleses... Prendérono e liberárono varias veces, pero non cesou na súa loita pacífica ata conseguir a independencia da India (o que constituía o seu principal obxectivo). O que el non esperaba (nin desexaba) é que esta independencia viñera da man da separación de Paquistán.
Morreu asasinado por un brahmán fanático, con dolor de toda a India. Foron innumerables as persoas que viron como as súas cinzas se lanzaban ao río Ganxes.
A orixinalidade de Gandhi radica tanto no seu pensamento como nas súas accións políticas e na súa forma de vida: din que comía froitos da terra, durmía sobre catro táboas e escollía voluntariamente a vida en pobreza.
