• Inicio


Outros artigos
Budismo
Confucionismo
Polinesio
Xainismo
Lamaísmo
Maia
Os cuáqueros
Relixión sumeria
    Seguinte Última
Lo prometido es deuda Objetivo 2015 Mujeres Protagonistas del Desarrollo Africa Navegando entre culturas Comercio Justo

O Misterio

Budismo

Ao falar do hinduísmo, faciamos referencia a que case todo o mundo ten unha lixeira idea sobre o tema. Non obstante, o tema complícase co Budismo. Seguramente tod@s sabemos que o seu fundador foi Buda pero, ¿coñecemos as diferenzas entre o Hinduísmo e o Budismo? Para comezar a respostar a esta pregunta estaría ben que soubesemos que o Budismo se orixinou como un movemento monacal dentro da tradición hinduísta, da que Siddhartha Gautama se foi afastando e mesmo cuestionando: a autoridade dos sacerdotes, a validez das escrituras védicas, alén de rexeitar abertamente a idea de que os asuntos espirituais das persoas estivesen determinados pola condición social dentro da que nacen. (Isto chámase non ter pelos na lingua).

 

O Budismo toma o seu nome de Siddhartha Gautama (máis ou menos entre o 566-486 a.C), a quen coñecemos co nome de Buda (o Esperto). A figura central do Budismo é, evidentemente, Buda, un príncipe indio de nacemento que renunciou á súa vida real para liberarse do samsar, o ciclo eterno de nacemento, morte e renacemento (sóavos, ¿non?). Todo isto fixo que Buda non fora considerado un Deus nin un ser sobrenatural, senón que é só un home que atopara a resposta aos dilemas máis profundos da existencia humana e compartira este achado cos demais. Despois dun longo período de estudo, meditación e introspección, experimentou a iluminación ou o espertar. Despois deste feito comezou a predicar e a conseguir os seus primeiros adeptos, e emprendeu a tarefa de resumir as súas revelacións nas doutrinas das “Catro Nobres Verdades” e o “Nobre Sendeiro Óctuplo” (é dicir, o camiño das oito etapas).

 

No tocante ás Catro Verdades, a primeira revela que a vida é sufrimento, a segunda di que a causa do sufrimento é que perdemos o cu polas cousas materiais e pola nosa codicia. A terceira dános un pouco de esperanza e dinos que é posíbel rematar co sufrimento, para iso debemos superar a nosa ignorancia e as ataduras deste mundo. A última verdade é a do camiño. ¿Camiño cara a onde? Pois cara ao Nirvana e para chegar alí hai oito etapas: comprensión xusta, que é o mesmo que ter unha axeitada visión das cousas. Meditación xusta, que é igual que ter boas intencións. Palabra xusta, acción xusta, sustento xusto, empeño xusto, atención xusta e concentración xusta. (Os significados do resto de etapas podedes procuralos vós, non é por preguiza senón para que non digan que con internet non tedes que facer nada).

 

 Despois de rebasar a liña de meta das oito etapas, chega a hora do Nirvana que constitúe a liberación da existencia fenoménica á que lle é propia o sufrimento, clarísimo, ¿verdade? Doutro xeito, o Nirvana é o estado de iluminación no que as ataduras perversas da codicia, o odio e a ignorancia foron cortados. ¿Tampouco queda claro así? ¿Plenitude interior persoal serve para que se entenda mellor?

 

 Quédannos aínda unha chea de aspectos do budismo por coñecer, pero poderíase dicir que xa temos o esqueleto case montado e isto é o que se pretende.

 

Bibliografía:
SMITH HUSTON (1995). Las religiones del mundo. Thassàlia; Barcelona. 399 pp. COOGAN, Michael D. (1999). Religiones del mundo. Blume; Barcelona. 288 pp.
Voltar Arriba
Imprimir este artigo
Enviar a un Amigo
Jóvenes del Tercer Mundo - C.I.F: G-82641408 - Avd. Antibióticos, 126 - 24009 León -
Urbe Networks