• Inicio


Outros artigos
O Amor non pesa
A Aguia e o Chimango
De un en un
Unha pedra no camiño
Dous irmáns
Destruír ou construír
Doando sangue
La elección del pintor
    Seguinte Última
Lo prometido es deuda Objetivo 2015 Mujeres Protagonistas del Desarrollo Africa Navegando entre culturas Comercio Justo

Máis ca un conto

O Amor non pesa

Había unha vez un arqueólogo en África. Veu á India en peregrinaxe aos Himalaias, particularmente aos templos e estruturas antigas, os cales son moi difíciles de alcanzar, e naqueles tempos moito máis. Moita xente simplemente non volvía. Chegábase a través de pequenos sendeiros ao borde de precipicios de 3.000 m. de profundidade, con neves perpetuas. Tan só un pequeno esvarón e todo acabaría. Agora as cousas están mellor, pero naquel tempo era moi difícil.

O home ía canso, aínda que levaba moi pouca equipaxe (porque levar moita equipaxe a esas alturas é case imposíbel). Segundo o aire se vai facendo máis fino, é máis difícil respirar.

Diante del, viu unha nena que non tería máis de dez anos, cargando a un neno, moi gordiño, sobre os seus ombreiros. Ela ía suando, respirando pesadamente, e cando o home pasou ao seu carón, díxolle: «Nena, debes de estar moi cansa. Levas moito peso sobre ti».

A nena respondeulle: «Ti es quen leva peso. Isto non é un peso, isto é meu irmanciño».

Autor: Desconocido
Voltar Arriba
Imprimir este Conto
Enviar a un Amigo
Jóvenes del Tercer Mundo - C.I.F: G-82641408 - Avd. Antibióticos, 126 - 24009 León -
Urbe Networks