

O país divídese en tres grandes rexións: o Himalaia, que se estende pola fronteira norte; a chaira setentrional do Ganxes, fértil e densamente poboada e a meseta do Dekán, ao centro. A cordilleira do Himalaia impide o paso dos ventos fríos do norte. O clima está determinado polos monzóns: é cálido e seco durante oito meses do ano, e no verán chove con abundancia. Predomina o cultivo do arroz. Carbón e ferro son os principais recursos mineiros. Na zona de Cachemira (Kashmir), ao noroeste, existen importantes reservas de petróleo, en permanente loita con Paquistán.
A poboación india está formada por unha multiplicidade de razas, culturas e grupos étnicos. A maioría ten a súa orixe nos pobos arios, que crearon a civilización védica. No norte subsiste a influencia das invasións árabes (dos séculos VII ao XIII) e mongólicas (do século XII).
|
DEMOGRAFÍA Poboación: 1.041.144.000 (2002) Estimación para o 2015: 1.230.484.000 SAÚDE Esperanza de vida ao nacer: 64 anos Mortandade menores de 5 anos: 96 por 1.000 |
EDUCACIÓN Alfabetismo: 56% (69% homes, 42% mulleres) ECONOMÍA PIB per cápita: U$ 2.358 (2000) Débeda externa: U$ 100.367 millóns (U$ 99 per cápita) Axuda recibida: U$ 1.484 millóns (U$ 1’5 per cápita) |
83% hindús; 11% musulmáns; sikhs 2,5%; cristiáns 2%; budistas 1 % e outros 0,5.
400 linguas rexistradas, das cales 18 son oficialmente recoñecidas, como o hindi, bengalí, tamil ou urdu. O inglés é unha lingua asociada, amplamente empregada por razóns administrativas. Existen 16 linguas rexionais oficiais e infinidade de variedades locais.
A India é o país onde vive a sexta parte da poboación mundial. Nos últimos anos produciuse unha redución da pobreza de xeito espectacular e conseguíronse melloras na educación.
A pesar disto, moitas áreas do país quedaron á marxe destas melloras, especialmente as zonas fronteirizas con Paquistán e Nepal.
As diferenzas a respecto da alfabetización entre as clases sociais baixas e o resto da poboación son moi altas. Nos estados máis pobres, a taxa de alfabetización feminina é moi baixa (7% no Rakhastán e un 9% en Madhya Pradesh).
A sanidade tamén presenta graves preocupacións. Unha desnutrición xeralizada e unha falta de infraestruturas, provocan que a mortandade sexa moi alta nos estados das castas rurais e máis pobres.